cotización

cotización

(

  1. s f

    Acción e efecto de cotizar ou cotizarse.

  2. [ECON]
    1. s f

      Prezo alcanzado por un valor ou por un ben no mercado. Existen dous tipos de cotización: ó contado, cando o prezo está establecido no momento en que se consuman as operacións de pago e de entrega do ben; e a prazo, cando se establece o prezo transcorrido un tempo determinado.

    2. acto de cotización

      Documento librado pola xunta sindical da bolsa na que consta o resumo das cotizacións da xornada cos cambios máximos e mínimos que se aplicaron para cada título.

    3. cotización bolsista

      Prezos e cambios dos valores negociables en bolsa.

    4. cotización de troco

      Valor de troco dunha moeda respecto a outra.

    5. cotización ó peche

      Derradeira cotización dun valor nunha sesión bolsista.

    6. cotización relativa

      Relación entre a cotización dun valor e o índice xeral bolsista.

Palabras veciñas

cotitor -ra | cotiza | cotizable | cotización | 1 cotizado -da | 2 cotizado -da | cotizar