Coto de Martín, casa de
Coto de Martín, casa de
Construción nobre situada en San Paio de Bóveda de Amoeiro (concello de Amoeiro). Edificada no último terzo do s XVIII, presenta planta en forma de U e cunha torre ameada nunha das coxías. A súa construción relaciónase coa liñaxe dos Nóvoa e Yáñez. Malia a súa reconstrución, conserva unha solaina sobre piares e chemineas monumentais.