coucho

coucho
  1. s m

    Parte externa de cor verde que recobre a noz.

    Sinónimos: carolo, concho, croucho, cuncho.
  2. s m

    Froito dunha variedade de pexegueiro que se caracteriza por abrirse con facilidade.

  3. s m

    Mazaroca do millo sen folla.

    Ex: Os couchos quedan estendidos ó sol para secar antes de gardalos no hórreo.

Palabras veciñas

coucela | coucheira | couchifada | coucho | coucieiro | Coucieiro | Coucieiro