coulombimetría

coulombimetría

(< coulomb + -metría)

s f [QUÍM]

Técnica electroanalítica baseada na medición da cantidade de electricidade necesaria para converter cuantitativamente, por electrólise, un compoñente da substancia problema noutra substancia. A cantidade de compoñente calcúlase polas leis clásicas de Faradai, pero hai que garantir que o rendemento da corrente no proceso electródico sexa do 100%. Practícase segundo dúas técnicas diferentes: a potencial controlada, a un valor adecuado para que só reaccione a especie desexada, e a corrente constante, na que a corrente imposta fai reaccionar primeiro a especie problema e logo outras especies presentes na solución; cómpre un sistema indicador para recoñecer o instante no que a especie que interesa reaccionou totalmente. As volumetrías coulombimétricas sempre se practican coa segunda técnica e os reactivos intermedios máis empregados son o ión hidroxilo, o ión hidróxeno, o iodo, o bromo, o cerio (IV), o ión prata e o EDTA, que permiten a aplicación coulombimétrica de todo tipo de reaccións.