couto
(< couto)
-
s
m
Terreo ou conxunto de terreos cercados sobre os que existe algunha prohibición, particularmente de caza ou pesca. A realización destas actividades adoita ter un réxime especial, xeralmente de carácter limitativo.
Ex: A Garda Civil atopouno cazando co can dentro do couto.
-
s
m
Terreo de monte cercado.
Ex: Onde hoxe está a casa antigamente había un couto.
Sinónimos: coutada. -
couto redondo
-
Conxunto de propiedades comprendidas nunha superficie dun único dono.
-
Circunscrición administrativa propia da organización territorial do Antigo Réxime que comprendía, polo xeral, unha única parroquia baixo a xurisdición dun mesmo señor ou señores, que representaban nel a autoridade rexia. Da súa administración encargábase un mordomo e do seu goberno un xuíz, nomeados polo señor responsable, que podía ser civil ou, na maior parte dos casos, eclesiástico. Esta institución de orixe medieval permaneceu vixente ata o segundo terzo do s XIX, cando se impuxo definitivamente o modelo municipalista establecido por vez primeira pola Constitución de 1812. Trala reforma administrativa do conde de Floridablanca, en 1785 había en Galicia un total de 155 coutos redondos (9 na provincia de Betanzos, 7 na Coruña, 48 en Lugo, 16 en Mondoñedo, 44 en Ourense, 20 en Santiago e 11 en Tui).
-
-
couto xurisdicional
[HIST]
Terreo baixo a xurisdición dun señor, eclesiástico ou laico, que exerce as funcións características do poder público. Este espacio privilexiado queda constituído a partir das diversas Cartas de Couto, documento no que se especifican os lindes e privilexios delegados polo rei. Fisicamente, os límites dos coutos fixábanse con marcos de pedra de grandes dimensións, nos que se labraban diversas inscricións alusivas á xurisdición especial desas terras. En ocasións localizáronse nos documentos diversos casos nos que o rei, unha vez anuladas as concesións e privilexios dun couto, dá ordes para que estes marcos de pedra sexan derruídos, polo que desaparece o señorío.