Cova do Rei Cintolo

Cova do Rei Cintolo

Caverna do Monte da Farrapa, na parroquia de Argomoso, no concello de Mondoñedo. Situada nunha banda de materiais calcarios, é a máis grande das descubertas en Galicia, pois as súas galerías suman 5 km de lonxitude. No seu interior hai varias salas nas que se poden contemplar as típicas formacións calcarias de estalactitas e estalagmitas. A magnitude da cova e a excepcionalidade das formacións calcarias en Galicia, alimentaron a imaxinación popular para converter este lugar en escenario lendario. En 1873, Xosé Villaamil e Castro publicou un plano da galería principal da cova. En 1954, o Club Montañeros Celtas levou a cabo a primeira escavación arqueolóxica no recinto, no que se localizaron diversos achados materiais da Idade do Ferro, así como restos humanos. No aspecto deportivo, constitúe un dos lugares máis destacados para a práctica da espeleoloxía en Galicia.

Palabras veciñas

Cova de Lobo | Cova de Lobo, san Bieito de | Cova do Pan | Cova do Rei Cintolo | Cova, A | Cova, A | Cova, A