covarde

covarde

(< fr couard)

  1. adx e s

    Que ou quen sente medo ou carece de valor ou decisión para enfrontarse a algún perigo ou situación dificultosa.

    Ex: Era tan covarde que pasou toda a treboada cos ollos pechados debaixo das mantas. Actuaba como unha muller covarde ata que superou todos os seus prexuízos. Déixame, es un covarde!

    Antónimos: valente.
  2. adx

    Que amosa ese xeito de ser ou de comportarse.

    Ex: O apoio ás minas antipersoais é unha acción covarde.

    Antónimos: valente.
  3. adx [HERÁLD]

    Aplícase aos animais que se representan coa cola metida entre as pernas.

Formas incorrectas

cobarde

Palabras veciñas

Covadoso | Covaleda | covalencia | covarde | Covardes | covardía | covariante