coveira

coveira

(< cova)

  1. s f

    Cavidade que lles serve de refuxio ou na que habitan certos animais.

    Ex: A raposa ferida non sae da coveira.

    Sinónimos: cova, tobeira, tobo.
  2. s f

    Parte posterior e inferior da cabeza.

    Ex: Quedou inconsciente por mor do golpe que levou na coveira.

    Sinónimos: caluga, cocorote, cocote, coliga, cotote, couquizo.

Palabras veciñas

Covas, Santiago de | Covas, Santiago de | Covasna | coveira | Covela | Covela | Covela