Cránao

Cránao
[MIT]

Rei de Ática. Durante o seu reinado os habitantes adoptaron o nome de cranaeos e a cidade de Atenas Cránae. Casou con Pedias, filla do lacedemonio Mines, coa que tivo tres fillas: Cránae, Cranecme e Atis. Trala súa morte, a cidade tomou o nome desta última e pasou a chamarse Ática.