cravar
(
-
v t
Antónimos:
descravar,
desencravar.
-
Introducir un cravo ou outro obxecto aguzado nun corpo ou superficie. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que non crava non fura”.
Ex: O matachín matounos o porco cravándolle un coitelo no pescozo.
Sinónimos: chantar, espetar. Antónimos: descravar, desencravar. Confrontacións: espichar, fincar. -
Introducir involuntariamente un obxecto aguzado nalgunha parte do corpo.
Ex: Cravaches a chatola no pé por andares descalzo!
Sinónimos: chantar, espetar. Confrontacións: espichar, fincar.
-
-
v t
Fixar algunha cousa por medio de cravos ou de obxectos similares.
Ex: Vou ter que cravar mellor a táboa que non fai máis que abanear.
-
v t
Presionar un corpo contra un obxecto aguzado para que quede introducido nel.
Ex: Ó empurralo cravouno contra os ferros da reixa. Cravou a carne no espeto e púxoa a asar.
Sinónimos: chantar, espetar, espichar, fincar. -
v t
Engastar pedras preciosas nalgún material.
-
v t
Fixar con insistencia os ollos, a mirada ou a vista en algo ou alguén.
Ex: Cravou os seus transparentes ollos azuis naquel estraño home.
Sinónimos: fitar. -
v t
Abusar de alguén cobrándolle en exceso por un produto ou servicio.
Ex: Nese restaurante craváronme unha vez e non volvín.
-
v pron
-
Introducirse involuntariamente un obxecto aguzado nun corpo ou nunha superficie.
Ex: Tivo que ir ó médico porque se lle cravou unha espiña na gorxa. A frecha cravouse na madeira.
-
Bater algo ou alguén nun obxecto aguzado e quedar introducido nel.
Ex: Esvarou cando estaba a pulir unha trabe e cravouse nunhas puntas que lle saían.
-
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravo
cravas
crava
cravamos
cravades
cravan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravaba
cravabas
cravaba
cravabamos
cravabades
cravaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravei
cravaches
cravou
cravamos
cravastes
cravaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravara
cravaras
cravara
cravaramos
cravarades
cravaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravarei
cravarás
cravará
cravaremos
cravaredes
cravarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravaría
cravarías
cravaría
cravariamos
cravariades
cravarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles crave
craves
crave
cravemos
cravedes
craven
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravase
cravases
cravase
cravasemos
cravasedes
cravasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravar
cravares
cravar
cravarmos
cravardes
cravaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
crava
-
-
cravade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cravar
cravares
cravar
cravarmos
cravardes
cravaren
cravada
cravados
cravadas