creativo -va

creativo -va

(< crear)

  1. adx
    1. Que posúe a capacidade de crear.

      Ex: Caracterízase por ser moi activo e creativo.

    2. Que estimula a capacidade de crear.

      Ex: Os xoguetes creativos facilitan a educación dos cativos.

  2. adx e s

    Que ou quen traballa nunha axencia de publicidade con responsabilidade directa na creación e supervisión da produción de anuncios ou calquera outro material creativo.

    Ex: Os redactores creativos do xornal recibiron un premio. Precisamos novo creativo para empresa de artes gráficas.

Palabras veciñas

creatinase | creatinina | creatividade | creativo -va | creatorrea | creatotoxicose | creba