creosota
creosota
(
s
f
[QUÍM]
Líquido oleoso, mestura de fenois (creosol e guaiacol, fundamentalmente), obtido da destilación do alcatrán de madeira ou da hulla. A creosota da madeira, chamada tamén creosota oficinal, emprégase como antiséptico externo e como expectorante balsámico nas bronquites. A de hulla úsase como preservador da putrefacción da madeira e como saborizante.