crioglobulina

crioglobulina

(< crio- + globulina)

s f [BIOQ]

Nome xenérico das globulinas séricas que se precipitan de xeito espontáneo a temperaturas inferiores aos 37°C e que se disolven de novo a temperaturas superiores. A precipitación das crioglobulinas produce alteracións ligadas ás baixas temperaturas. No ser humano, adoitan estar asociadas a un estado patolóxico.

Palabras veciñas

criofísica | criófita | crióforo | crioglobulina | criohidrato | criokarst* | criolita