crioulización
crioulización
(< crioulo)
s
f
[LING]
Proceso de conversión dun pidgin en crioulo. É unha creación social dunha lingua, produto da extensión de uso dun pidgin, que pasa a converterse en primeira lingua dunha nova xeración. Neste proceso, o crioulo transfórmase nunha variedade estruturalmente máis complexa ca o pidgin orixinal. A crioulización pode suceder en calquera etapa do ciclo de vida do pidgin, é dicir, pode formarse desde unha xerga, desde un pidgin estabilizado (dispón de funcións sociolingüísticas ben determinadas) ou desde un pidgin expandido (con certa complexidade gramatical).