criptofíceo -a

criptofíceo -a

(< cripto- + gr ϕῦκος ‘alga’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás criptofíceas.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da clase das criptofíceas.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Pequena clase, a única da división das criptófitas, de algas unicelulares biflaxeladas, de simetría dorsiventral, sen parede celular, tanto mariñas como de auga doce, que aparecen principalmente no plancto durante a primavera en augas con materia orgánica. Poden vivir en simbiose con radiolarios e coralarios, formando zooxantelas. O xénero característico é Cryptomonas.