cripton

cripton

(< lat científico krypton< gr κρυπτός ‘oculto’)

Nome científico: [Kr]
s m [QUÍM]

Elemento gasoso inodoro, incoloro e monoatómico, de número atómico 36 e peso atómico 83,80, que pertence ao grupo dos gases nobres ou raros da táboa periódica. Atópase na atmosfera nunha proporción moi baixa (1 cm3/m3). Descubrírono W. Ramsay e M. W. Travers en 1898. Obtense por destilación fraccionada dos residuos de evaporación do aire líquido. É moi pouco reactivo por mor dos oito electróns que posúe no último nivel. Pouco condutor da calor, o cripton emprégase, mesturado co xenón, para constituír a atmosfera inerte das lámpadas. Tamén se utiliza como fonte luminosa en certos tubos de descarga. A radiación correspondente á transición entre os niveis 2p10 e 5d5 do átomo de cripton 86 empregouse para definir con exactitude o metro, que é igual a 1.650.763,73 veces a lonxitude de onda desta radiación.