crisantemo
crisantemo
(< lat chrysanthemu < grχρυσάνϴεμον ‘flor de ouro’)
-
s
m
[PLANTA]
Herbácea ou arbusto do xénero Chrysantemum, da familia das asteráceas, de follas dispostas de xeito alterno e capítulos pedunculados de cor morada, amarela, dourada ou branca. Algunhas especies, como C. morifolium, C. sibiricum e Ch. indicum, cultívanse como plantas ornamentais. Doutras especies, como C. pyrethrum, obtéñense piretrinas, que teñen unha acción insecticida.
-
s
m
Flor desta planta.