crisma

crisma

(< lat chrisma < grχρῐσμα < gr χρίω‘unxir’)

  1. s m [RELIX]

    Aceite mesturado con bálsamo ou con calquera outra materia aromática, consagrado polo bispo na misa do Xoves Santo e empregado nalgúns sacramentos (bautismo e confirmación) e nas bendicións da consagración (altares, templos, etc).

    Ex: No bautizo do meu sobriño unxírono de crisma.

  2. s f

    Cabeza dunha persoa.

    Ex: Estivo a piques de romper a crisma co golpe que levou.

    Sinónimos: cachamúa, cachola, calamoucha.

Palabras veciñas

crisipiano -na | Crisipo | Crisipo | crisma | crismación | crismal | crismar