crisomélido -da
(< lat científico Chrysomela)
-
adx
Relativo ou pertencente aos crisomélidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos crisomélidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de coleópteros que na fase adulta presentan a forma de escaravellos, cun tamaño que varía dende os 2 mm ata os 2 cm, xeralmente de formas globulosas ou máis ou menos alongadas. Presentan cores vivas con reflexos metálicos, cabeza pequena, ollos grandes, antenas -xeralmente filiformes-, de 10 ou 11 articulacións, que non chegan á metade do corpo, e fortes mandíbulas. As larvas viven sobre as follas ou no interior dos talos ou raíces. Durante todo o ciclo son activos comedores de plantas, especialmente de follas, polo que algunhas especies constitúen pragas para a agricultura. É a familia con máis especies repartidas por todo o mundo.