cristián -á
(< lat ecles christiānu < grχριστιανός)
-
adx
Relativo ou pertencente ao cristianismo.
Ex: Os evanxelistas pertencen á Igrexa cristiá.
-
[RELIX]
-
adx e s
Que ou quen profesa a fe en Cristo. O libro dos Feitos dos Apóstolos indica que a palabra procede da comunidade de Antioquía, en Siria, integrada por individuos de procedencia cultural helenística, alleos á relixión xudía. A finais do s II comezou a ser aceptada polos interesados e universalizouse. Chegou a ser, así, o común denominador de todas as confesións cristiás.
-
cristián antigo/vello
Nome co que se designaba na Península Ibérica dende finais da Idade Media os cristiáns puros, fillos de cristiáns. Recibían este nome por oposición aos cristiáns novos.
-
cristián novo
Nome co que se designaba na Península Ibérica dende finais da Idade Media os xudeus e musulmáns convertidos ao cristianismo.
-
adx e s
-
s
m
Calquera persoa ou individuo.
Ex: Nese afastado lugar non había nin un só cristián ó que lle preguntar.
-
cristián alemán
Membro da Igrexa dos Deutsche Christen.