Cro-Magnon
Cro-Magnon
Refuxio rochoso situado en Les Eyzies (Dordogne, Francia). En marzo de 1868, Louis Lartet localizou no seu interior varios restos fósiles pertencentes a cinco individuos diferentes que, polas súas características somáticas (cranio dolicocéfalo e pentagonal, cara ampla e curta, fronte recta, arcos superciliares reducidos, órbitas separadas e baixas, nariz estreito e prominente, prognatismo subnasal e mandíbula pronunciada) e pola súa cronoloxía (ó redor de 30.000 anos), se atribúen a Homo sapiens.