cromatógrafo
cromatógrafo
(< cromato- + -grafo)
s
m
[QUÍM]
Aparato necesario para levar a cabo unha separación cromatográfica. A súa estrutura xeral (de gases ou de líquidos) consta dun inxector, a través do que se introduce a mostra que se transporta pola fase móbil (gas portador ou líquido, segundo o caso) á columna que contén a fase estacionaria, onde se separan os compoñentes da mestura. A corrente que sae da columna chega a un sistema de detección que pode ser: de ionización de chama, de captura de electróns e outros, en cromatografía de gases; e de UV-VIS ou electroquímico, entre outros, en cromatografía de líquidos. O rexistro do sinal deste detector constitúe a curva de elución a partir da que é posible identificar e cuantificar cada compoñente da mostra.