1 cromo
(
-
[QUÍM]
-
s
m
Elemento de transición metálico, de número atómico 24 e peso atómico 51,996, situado entre os elementos dos bloques s e p da táboa periódica. Normalmente actúa coas valencias +3 e +6, aínda que presenta un número considerable de graos de oxidación. Na codia terrestre localízase nun 0,02%. N. L. Vauquelin descubriuno en 1797, R. W. Bunsen illouno en 1854 e V. M. Goldschmidt obtívoo en estado puro en 1900. É un metal moi duro, de cor branca azulada, que resiste ben a calor e unha gran parte dos axentes químicos. Os seus minerais principais son a cromita (FeO·Cr 2 O 3 ou FeCr 2 O 4 ) e a crocoíta (PbCrO 4 ), menos abundante. A cromita redúcese a miúdo directamente polo carbono no forno eléctrico e obtéñense ferros coados (ferrocromos), moi ricos en cromos (ata un 70%), destinados á fabricación de aceiros especiais. Para obter compostos puros de cromo divídese finamente o mineral e despois quéntase a 900°C con cal mesturado con sosa ou carbonato de sodio. O dicromato, a partir do que se preparan moitos outros compostos de cromo, pódese obter mediante o procedemento Bozel-Maletra, onde os ferrocromos finamente pulverizados son atacados por lixivia de sosa dentro dun autoclave, en quente e con axitación continua. O dicromato obtido permite a preparación do óxido Cr 2 O 3 por redución con xofre segundo a fórmula Na 2 Cr 2 O 7 +S→Na 2 SO 4 +Cr 2 O 3 . O metal prepárase por aluminotermia partindo dunha mestura de óxido (Cr 2 O 3 :100 partes), de trióxido (CrO 3 :30 partes) e de granalla de aluminio (45 partes), recuberta dunha capa de fluorita. Deste proceso exotérmico obtense o régulo de cromo, do 99,5% de pureza, e a alumina impurificada, empregada como abrasivo. O cromo tamén se pode depositar por electrólise, mais este procedemento, demasiado caro, emprégase unicamente para recubrir certas pezas metálicas dunha capa de cromo brillante e resistente á oxidación. Inoxidable a temperatura ambiente, mesmo con aire húmido, o cromo arde a uns 2.000°C en presenza de osíxeno e forma óxido crómico verde (Cr 2 O 3 ). Por combinación cos halóxenos, co xofre e co nitróxeno, dá compostos trivalentes. A moi alta temperatura combínase co carbono e dá unha serie de compostos critalizados. Ademais das calidades decorativas e de protección, o cromo electrolítico posúe unha forte resistencia ao rozamento. Emprégase para a obtención dunha gran variedade de aliaxes. Os principais aceiros con cromo ou con níquel-cromo empréganse pola súa resistencia á corrosión (aceiro inoxidable) e por mor da súa gran dureza (aceiro para válvulas, chumaceiras, etc). As aliaxes níquel-cromo (nicromos) empréganse nas resistencias eléctricas para medios corrosivos. A maior parte do mineral utilízase na industria química para recubrir o interior de certos fornos metálicos. Os sales solubles de cromo son altamente tóxicos.
-
carbonilo de cromo [Cr(CO) 6 ]
Principal composto do cromo. Obtense por acción do monóxido de carbono sobre unha suspensión de cloruro de cromo(III) no seo dunha solución de bromuro de fenilmagnesio. Emprégase para aumentar o índice de octano da gasolina.
-
cloruro de cromo(III) [CrCl 3 ]
Cristais hexagonais de cor violeta e insolubles en auga, obtidos pola acción do cloro sobre unha mestura de óxido crómico e carbono. Emprégase no cromado e como mordente na industria téxtil.
-
óxido de cromo [Cr 2 O 3 ]
erde de cromo que se obtén por reacción do cromato ou do dicromato de sodio con xofre. Emprégase como pigmento abrasivo, semicondutor e catalizador.
-
sulfato de cromo(III) [Cr 2 (SO 4 ) 3 ]
Sal de cromo que se obtén, en forma hidratada, por disolución do hidróxido crómico co ácido sulfúrico. Emprégase moito como mordente na industria téxtil e no proceso de cromado.
-
s
m
-
adobo ó cromo
[IND]
Adobo a base de sales de cromo, como o bicromato sódico ou potásico ou ben o sulfato ou o cloruro de óxido de cromo. Esta técnica desprazou en moitos campos o adobo vexetal, pola maior rapidez e porque dá peles máis lixeiras e suaves. A elevada resistencia á humidade e á tracción, e a flexibilidade resultante, fai que as peles adobadas por este sistema sexan especialmente aptas para calzado e correas de transmisión, entre outras aplicacións.