cronoescalada
cronoescalada
(< crono- + escalada)
s
f
[DEP]
Modalidade de carreira ciclista que se disputa contrarreloxo sobre un trazado no que predominan os treitos de ascensión a un ou varios portos de montaña de gran dificultade (normalmente de primeira categoría ou de categoría especial). Adoita incluírse como etapa nas grandes voltas.