cronograma

cronograma

(

s m [LIT]

Texto no que as primeiras letras se corresponden con cifras do sistema de numeración romano (I, V, X, L, C, D, M) de xeito que reproducen a data na que sucedeu o evento do que se fala no texto. Pode expresarse en prosa ou en verso. Foi unha recurso frecuente na literatura da Idade Media e aparece tamén nalgunhas inscricións do s XVIII. É famoso o hexámetro que conmemoraba as Vésperas Sicilianas: “franCorVM tVrbIs sICVLVs fert fVnera Vesper”, no que ao sumar os numerais romanos representados polas maiúsculas dá 1282, data do alzamento contra os Anjou.