cronoloxía

cronoloxía

(< grχρονολογία ‘ciencia dotempo’)

  1. s f [HIST]

    Ciencia auxiliar da historia que ten por obxectivo establecer as datas dos acontecementos históricos. Pódense distinguir dous tipos: a pura, baseada en principios astronómicos e que ten como unidades de cómputo o ano, o mes, o día e a hora; e a aplicada, que se basea no establecemento de períodos temporais por parte da historiografía e que emprega termos como ciclo, era, período, idade e época.

  2. s f [XEOL/ARQUEOL]

    Ciencia que determina a idade e a duración de cada formación xeolóxica e de cada fase de dobramentos e dos períodos entre fases. Pódese distinguir unha cronoloxía relativa, baseada na orde de sedimentación dos estratos ou de sucesión dos fenómenos, e unha cronoloxía absoluta, baseada na determinación dos anos que pasaron dende que aconteceu un fenómeno concreto. Baséase no estudo dos fósiles característicos ou ben nas técnicas de datación.

  3. s f

    Serie de feitos relativos a un acontecemento ordenados temporalmente.

    Ex: Aínda non está clara a cronoloxía dos feitos que sucederon o pasado martes.