cronometraxe

cronometraxe

(< cronometrar)

s f

Fase dun estudo de tempo que consiste en medir e rexistrar o tempo investido nunha operación, nun elemento de operación ou nunha inactividade. O cronometrador observa un ou máis operarios ou unha ou máis máquinas, que fabrican uns elementos, para determinar o tempo de execución normal. Para calcular o tempo normal de cronometraxe dun elemento hai que dispor dunha serie de valores que permitan obter unha media estable e representativa.