croqueta
croqueta
(
s
f
[ALIM]
Especialidade culinaria que se prepara cunha masa de tipo bechamel espesa, que contén algún alimento esmigallado (peixe, xamón, sémola, arroz, carne, etc), rebozada en ovo e pan relado, e fritida en abundante aceite moi quente. Adoita ter unha forma redonda ou ovalada e debe tomarse ao instante. Unha variante é o cromesquis que, en lugar de ser empanada, se compón de pasta Orly.