crup

crup

(

  1. s m [PAT]

    Afección respiratoria que consiste na obstrución da larinxe ou da tráquea causada por unha infección, un proceso alérxico, un corpo estraño ou unha neoformación. Caracterízase por unha dificultade respiratoria acompañada dunha tose característica.

  2. crup catarral [PAT]

    Afección respiratoria provocada pola inflamación catarral da mucosa da larinxe.

  3. crup diftérico/verdadeiro crup [PAT]

    Localización da infección diftérica na larinxe ou na tráquea, caracterizada por unha tose rouca e pola produción de falsas membranas que obstrúen estes condutos.

  4. crup espasmódico/falso crup [PAT]

    Forma espasmódica de larinxite que se caracteriza polo ruído producido durante a inspiración.

Formas incorrectas

cru

Palabras veciñas

cruñar | cruño | cruorina | crup | crupier* | crural | crus classés*