CTV
Empresa audiovisual constituída en 1985 en Santiago de Compostela, pertencente ao grupo Araguaney xunto con Galaxia Comunicación, Vídeo Galicia, Intereuropa TV, Comunicación Sur, Comunicación Global (SURCO) e Radio Televisión Compostela (RTC). Traballa asiduamente con Televisión de Galicia, Televisión Española, Canal Sur, Antena 3 e Telecinco. Como empresa de servicios conta con estudios de gravación e salas de posprodución. Posúe tres platós de televisión: o Plató 1.000, o Plató 800 e o Plató Mónica 200, dotados dun control central de realización e válidos para programas en directo e gravacións de multicámara. Entre os numerosos programas producidos para televisión destacan os concursos A noite meiga (1987), Gran Casino (1988), O xogo da reoca (1989), Supermartes (1992) e Todos a Bordo (1998); programas de variedades como Sabor a Ti (1991), Toda unha vida (1997) e Noite en Blanco (1998); programas dramáticos como Novo de Parmuide (1987), Os outros feirantes (1989) e Galicia Express (2001); e os documentais Galicia Inédita (1987-1989) e Dende as raíces (1985-1986), á parte de numerosos anuncios publicitarios e publirreportaxes.