cuado

cuado
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cuados.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo cuado.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Antigo pobo xermánico, da familia dos suevos, establecido en Moravia. Invadiron o Imperio no 282, no 358 e no 375, e participaron nas invasións dos ss III e IV. Parece que algúns se uniron aos vándalos na conquista da Península Ibérica.