cuadrilla

cuadrilla

(< cast cuadrilla)

  1. s f
    1. Conxunto de determinado tipo de persoas.

    2. Conxunto de persoas que se xuntan para realizar un traballo.

      Ex: A cuadrilla da sega xa está en Castela.

    3. Conxunto de persoas non moi numeroso que se xunta de modo libre e deliberado por algunha circunstancia, xeralmente para ir de esmorga.

      Ex: Reuniuse unha boa cuadrilla de cativos e cativas para celebrar o magosto. Cruceime cunha cuadrilla de rapaces que ían á fraga coller cogomelos.

    4. Conxunto de persoas non moi numeroso que se relaciona ou actúa en común para realizar actos delitivos.

      Ex: Unha cuadrilla de ladróns atracou cinco bancos da cidade.

    5. Conxunto de toureiros dirixido por un primeiro matador.

  2. s f [HIST]

    Grupo armado da Santa Irmandade creada polos Reis Católicos (1476) para controlar o bandoleirismo e a delincuencia.

  3. s f [HIST]

    Cada unha das catro partes ou seccións (Cuenca, León, Segovia e Soria) que compuñan o Concejo de la Mesta.

  4. s f [MÚS]
    1. Danza de catro parellas, derivada da antiga contradanza, na que dúas parellas evolucionan diante doutras dúas. Apareceu en Europa cara á fin do s XVIII e comprendía cinco figuras e un galop final. As súas modalidades principais son as cuadrillas norteamericanas e as de lanceiros.

    2. Grupo de 4, 8 ou 12 danzantes que participaban nunha entrée, segundo a denominación que recibiron no s XVII.