cuadrivio
cuadrivio
(
-
s
m
Lugar onde se cruzan catro camiños.
-
s
m
[EDUC]
Grupo de catro estudios científicos integrado pola aritmética, a xeometría, a astronomía e a música que conformaban un dos grupos pertencentes ás artes liberais. Durante a Idade Media ensinouse o cuadrivio tanto nas escolas monásticas coma nas episcopais. A palabra apareceu por primeira vez en Boecio e o seu ensino, xunto co trivio, difundiuse a partir do s IX, cando as artes liberais constituían a base do ensino escolástico. As materias do cuadrivio xa se baseaban no esquema escolar elaborado por Platón e duraban dez anos. O cuadrivo pertencía ás ciencias exactas, mentres que as ensinanzas do trivio formaban parte das ciencias humanas.