Cuádrupla Alianza
Cuádrupla Alianza
Tratado asinado en Londres o 22 de abril de 1834 entre Reino Unido, Francia, España e Portugal para poñer fin ás guerras civís da Península Ibérica, expulsar os pretendentes absolutistas de España (Carlos María Isidro de Borbón) e de Portugal (o infante Miguel), e aniquilar os seus partidarios. A axuda material foi inexistente pero o soporte diplomático e a chegada de voluntarios contribuíron ao éxito da causa liberal.