cuantitativo -va
cuantitativo -va
(
-
adx
Relativo ou pertencente á cantidade.
Ex: Os prezos rexistraron un aumento cuantitativo.
-
adx
[LING]
Aplícase aos termos (adxectivo, pronome, determinante ou adverbio) que expresan cantidade (bastante, pouco, moito, catro, etc).
-
análise cuantitativa
[QUÍM]
Tipo de análise química que se centra no estudio da materia en canto á cantidade, en volume ou peso, dos seus compoñentes.
-
teoría cuantitativa
[ECON]
Teoría monetaria que explica o nivel de prezos en función da cantidade de diñeiro en circulación. Azpilicueta e Bodin enunciaron a existencia dunha relación cuantitativa entre os prezos de diferentes bens, principio que Petty; Locke e Cantillon reformularon, introducindo os elementos básicos cos que Fisher elaborou o seu enumerado definitivo.