cuasidelito

cuasidelito

(< cuasi- + delicto)

s m [DER]

Acción ou omisión que causa dano ou prexuízo a outro por descoido, imprudencia ou impericia, ou porque, sendo allea, debe unha persoa responder por algún motivo. Esta figura xurídica procede do dereito romano e caracterízase por non imputar responsabilidades criminais, aínda que comporta a obrigación civil de reparar os danos causados.

Palabras veciñas

cuasia | cuasicontrato | cuasicristal | cuasidelito | cuasina | cuasipartícula | cuasiposesión