cubozoo

cubozoo

(< cubo + -zoo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cubozoos.

  2. s m [ANIMAL]

    Cnidario da clase dos cubozoos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de cnidarios considerada anteriormente como unha orde dos escifozoos, a das cubomedusas. Caracterízanse porque a forma predominante é a medusa, mentres que o pólipo é inconspicuo ou descoñecido. Aínda que o tamaño medio da medusa é de 2 ou 3 cm, algunhas poden acadar ata 25 cm de altura; a umbrela ten forma cúbica ou piramidal, coa marxe dobrada cara a dentro formando o velario, e no bordo de cada esquina presenta un ou varios tentáculos que teñen na base unha lámina forte denominada pedalia. Posúen uns órganos sensoriais chamados ropalias. Son grandes nadadoras e depredadoras voraces de peixe. Algunhas especies producen picaduras velenosas que, nalgúns casos, poden chegar a ser mortais para o ser humano. Esencialmente peláxicas, viven nos mares tropicais e subtropicais.

Palabras veciñas

cuboide | cubomedusa | cubooctaedro | cubozoo | cubremantel | cubreobxectos | cubrepratos