cudú
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero artiodáctilo do xénero Tragelaphus, da familia dos trageláfidos, que se caracteriza por presentar orellas grandes, corpo con raias verticais de cor branca e ter, ao longo do lombo, unha banda de pelos longos. Os machos presentan grandes cornos revirados en espirais. Están presentes no continente africano.
Confrontacións: niala. -
cudú maior
[ANIMAL]
Mamífero de ata 160 cm de altura na cruz e 320 kg de peso, cunha crina de pelos longos pola parte inferior do pescozo e coa cola que chega ata a metade das patas posteriores. As máis das veces presenta unha coloración acastañada cinsenta. Os cornos son grandes e revirados en dúas ou tres espirais. Son animais gregarios e de hábitos nocturnos, e cando corren erguen a cola e amosan a parte inferior de cor branca. Distribúese polo L e S de África en selvas abertas ou en matogueiras densas preto da auga.
-
cudú menor
[ANIMAL]
Mamífero de ata 102 cm de altura na cruz e 105 kg de peso, de cor cinsenta e cornos que forman dúas espirais pechadas. Viven en parellas en ambientes semiáridos con abundante matogueira na zona intertropical de África oriental.