Cuenca

Cuenca

Provincia da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (17.061 km2; 201.712 h [1996]) que ten a súa capital na cidade homónima. Abrangue un total de 238 municipios, e a súa rede de asentamentos amosa unha clara macrocefalia arredor da capital provincial, malia que só conta con 43.733 h. Despois deste núcleo urbano séguelle Tarancón, con 11.304 h, e xa cun volume moito menor, unha serie de concellos que oscilan entre os 5.000 e os 6.500 h (San Clemente, Quintanar del Rey, Las Pedroñeras, Mota del Cuervo e Motilla del Palancar). Cun clima continental, a temperatura media anual é de 14°C e as precipitacións oscilan entre os 450 e os 600 mm anuais. A economía da provincia baséase principalmente na explotación forestal e na agricultura, na que destacan os cultivos de cereais, hortalizas, árbores froiteiras e plantas industriais. Do seu patrimonio natural cómpre salientar a Ciudad Encantada de Cuenca.

Palabras veciñas

Cuello | Cuenca | Cuenca | Cuenca | Cuenca | Cuenca Araújo, Enrique | Cuenca del Eo, La