cultismo
cultismo
(< culto)
s
m
[LING]
Préstamo dunha lingua clásica -grego ou latín, especialmente desta última- que penetra de forma directa nunha lingua por vía culta. Os cultismos, a diferenza das voces patrimoniais, non experimentaron ningunha transformación propia da evolución da lingua, agás as necesarias adaptacións fonéticas da lingua que os toma. A introdución de cultismos provoca moitas veces a creación de dobretes (
Ex: cátedra (cult) vs cadeira, aurícula vs orella, acto vs auto), ou mesmo a convivencia dos tres termos que proceden do mesmo étimo, por exemplo, clavícula (culta), caravilla (semiculta) e chavella (patrimonial) que proceden do latín CLAVICULA. Polo xeral, a introdución de cultismos provoca a especialización semántica.
Citas
- cátedra (cult) vs cadeira, aurícula vs orella, acto vs auto), ou mesmo a convivencia dos tres termos que proceden do mesmo étimo, por exemplo, clavícula (culta), caravilla (semiculta) e chavella (patrimonial) que proceden do latín CLAVICŬLA. Polo xeral, a introdución de cultismos provoca a especialización semántica.