Cundinamarca

Cundinamarca

Departamento de Colombia (22.623 km2; 1.975.564 h [estim 1997]). A capital é Santa Fe de Bogotá. Ocupa a vertente occidental da cordilleira dos Andes e o altiplano que se estende ao seu pé ata a Cordillera Central. Os chibchas habitaron este territorio na época precolombina. En 1536, Jiménez de Quesada matou o derradeiro zipa chibcha, Tziquesuna, e fundou Santa Fe. Foi o centro político de Nueva Granada. En 1857, a loita civil entre federais e centralistas desembocou na constitución do estado federal de Cundinamarca (Bogotá, Cundinamarca, Tequendama e Zipaquirá). A partir de 1886 converteuse en departamento.