Cuñado

Cuñado
[ONOM]

Apelido procedente dun alcume de significado transparente que remite ás relacións de parentesco. Documéntase no s XV: “Pedro Cuñado” (E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 494).

Refráns

  • De cuñado nunca esperes bocado.
  • Ó cuñado, acuñalo.

Palabras veciñas

Cuña Novás, Manuel | Cuña, La | Cuñada | Cuñado | cuñado -da | cuñar | Cunard, Samuel