cúrcuma
cúrcuma
(< ár kurkum ‘azafrán daIndia’)
s
f
[PLANTA]
Planta do xénero Curcuma, da familia das zinxiberáceas, caracterizada por un rizoma ancho, follas oblongas ou elípticas de ata 40 cm de lonxitude e 20 cm de anchura, e flores de cor amarela pálida reunidas en espigas. Engloba unhas cincuenta especies propias sobre todo de Asia tropical, das que a Curcuma longa é a máis cultivada na India e noutras rexións cálidas. Dos rizomas obtense unha tinguidura amarela e unha especia, cun aroma similar ao do xenxibre, que se utiliza para aromatizar e darlle cor á mostaza, a queixos, conservas e outro tipo de alimentos. É un dos principais compoñentes do curry.