curia
(< lat curĭa)
-
s
f
[HIST]
División administrativa do pobo romano vinculada a unha organización de tipo territorial creada polos etruscos. O pobo romano constaba de 30 curias, 10 por cada unha das tres tribos xentilicias, que se identifican cunha das partes da superficie da antiga Roma. Tiñan un nome propio, xunto cun templo e un culto determinados; á fronte delas estaba o magister curiae ou curión, con funcións relixiosas. Na época monárquica formaban a base da organización do exército, xa que proporcionaban un número determinado de soldados e cabaleiros, pero dende os comezos da República perderon esta función. Na época imperial conservou o privilexio da investidura do imperium ás maxistraturas, xunto con numerosas atribucións en materia relixiosa. A reunión de todas as curias convocaba os comicios curiados.
-
s
f
[HIST]
Senado ou asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formado polos decurións.
-
s
f
[HIST]
Edificio do foro, na antiga Roma, onde tiñan lugar as asembleas civís, especialmente as do Senado, ou as relixiosas.
-
[RELIX]
-
s
f
Conxunto de organismos administrativos, xudiciais e de goberno para os asuntos eclesiásticos.
-
curia diocesana
Organismo ao servizo do bispo e composto por diferentes membros administrativos e xudiciais.
-
curia romana
Organismo ao servizo do papa que rexe a Igrexa católica. O corpo ordinario de colaboradores do bispo de Roma instituíuse dunha maneira estable no s XII e foi nos ss XIV-XV cando se crearon propiamente os dicasterios ou as congregacións romanas. Está integrada pola secretaría do Estado e o Consello para os Asuntos Públicos da Igrexa, dúas congregacións, tres secretarías (para a unidade dos cristiáns, para relixións non cristiás, para os non crentes), tres tribunais apostólicos (a Penitenciaría, a Rota e a Sinatura Apostólica) e outros organismos particulares (o Consello dos Laicos, a Comisión Xustiza e Paz, etc).
-
s
f
-
s
f
[DER]
Conxunto de avogados, procuradores e outros funcionarios que actúan na administración de xustiza.
-
curia rexia
[HIST]
Corte do monarca medieval derivada do comitatum xermánico. No reino visigodo de Toledo recibiu o nome de aula rexia e nos primeiros tempos do reino asturiano coñeceuse como palatium. Formada polos principais cargos do reino que acompañaban o monarca nos seus desprazamentos, converteuse no órgano central do goberno da monarquía galega, asturiana, leonesa e castelá, xa que os seus membros participaban na administración do reino e decidían sobre asuntos políticos, xudiciais, militares e relixiosos. Distínguese entre curia ordinaria, formada por nobres, eclesiásticos, familiares do monarca e oficiais do palacio, e curia extraordinaria, cun número de membros máis amplo. A súa opinión tiña que ser escoitada obrigatoriamente polo rei nos asuntos relevantes. O aumento de participantes e de atribucións, xunto coa inclusión dos representantes das vilas por primeira vez no 1188, deu lugar ás Cortes. Na corte aragonesa perdurou ata o s XIII co nome de corte real. En Francia era un órgano central do goberno dos Capetos formado polos nobres, os laicos e os eclesiásticos, convocados polos monarcas. Evolucionou e converteuse nun organismo integrado por servidores designados polo rei, que lle axudaban nos seus labores de goberno. As seccións financeira e xudicial deste organismo separáronse no s XIII e constituíron o Parlamento e a Cámara de Contas.
-
s
f
Termo do verbo dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pomba’.