curry*

curry*
s m [ALIM]

Condimento de composición variable, integrado por coandro, canela, xenxibre, pementa de caiena, pementa, cravo, noz moscada e, sobre todo, cúrcuma. Utilízase como aderezo e sazonador para peixes, aves e arroces, especialmente na culinaria da Asia tropical. Orixinario das Indias Orientais, estendeuse polo mundo anglosaxón. Dálles nome a diversos pratos nos que ten un papel protagonista.

Palabras veciñas

curruncho | Curruncho | Curruncho, O | curry* | Curry, Haskell Brooks | cursar | cursista