cursivo -va

cursivo -va

(< curso)

    1. adx [ESCR]

      Aplícase á escritura manuscrita na que as letras se unen unhas a outras mediante prolongacións e nexos.

    2. adx [GRÁF]

      Aplícase ao carácter de imprenta co ollo inclinado de esquerda a dereita. Tamén recibe o nome de letra itálica.

    3. s f [PALEOG]

      Escritura trazada rapidamente que se distingue da caligrafía por certas formas simplificadas para acadar maior velocidade.

  1. adx [LING]

    Aplícase á variedade do aspecto durativo, propio da acción que se presenta no seu curso ou no seu desenvolvemento (

    Ex: Sabela está lendo/a ler o poema).

Palabras veciñas

cursar | cursista | cursividade | cursivo -va | curso | curso | Curso de