Cuscatlán
Cuscatlán
Departamento de El Salvador (756 km2; 178.502 h [1992]). A capital é Cojutepeque. Corresponde na súa maior parte a unha zona volcánica, drenada polo río Lempa. As principais actividades económicas son a agricultura (tabaco, azucre, café e arroz), e a industria, principalmente o sector téxtil.