Cycas
Cycas
[PLANTA]
Xénero de plantas dioicas da familia das cicadáceas, de ata 4 m de altura, con follas pinnadas e resistentes de ata 1 m de lonxitude e de cor verde escura. As flores son pequenas e amarelas, e están dispostas en inflorescencias, que dan lugar a froitos comestibles. Comprende unhas dezaseis especies propias da zona tropical sueste asiática, entre Madagascar e a Polinesia. En Galicia cultívase a especie C. revoluta como ornamental.