Cyphomandra

Cyphomandra
[PLANTA]

Xénero de arbustos da familia das solanáceas, de ata 3,5 m de altura, pubescentes e con follas en forma de corazón de ata 40 cm de lonxitude. Presentan flores recendentes, pentámeras, con forma de funil e de cor vermella, que dan lugar a froitos en baga alongada, de ata 7 cm de lonxitude e cor laranxa; estes cómense frescos ou cocidos e teñen sabor a tomate acedo. A especie C. betacea, orixinaria de Brasil e Perú, cultívase na rexión andina e noutras zonas subtropicais. En Galicia cultívase como ornamental.

Palabras veciñas

Cynognathus | Cynosurus | Cyperus | Cyphomandra | Cypraea | Cyprinus | Cypris