Cystoseira

Cystoseira
[PROTISTA]

Xénero de algas pardas, da familia das cistoseiráceas, con aspecto de mata, de máis de 15 cm de lonxitude, formado por talos de consistencia coriácea con aerocistes. No infralitoral e en cubetas do litoral inferior da costa galega están presentes as especies: C. fibrosa, que acada os 150 cm; e C. tamariscifolia, de ata 60 cm, con iridiscencia azulada baixo a auga.

Palabras veciñas

Cyrix | Cystoderma | Cystopteris | Cystoseira | Cytinus | Cytisus | Cyttopsis